(A Guarda, 1973) Xurxo Chirro é licenciado en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela e cursou estudos de doutoramento en Historia del Arte pola UNED. Foi crítico de audiovisuais na revista Tempos Novos e ten colaborado en Cahiers du Cinéma-España, Madrigal, Quintana, Pontenova e Ag. Escribiu artigos para os xornais Faro de Vigo e A Peneira. É asesor e analista audiovisual, documentalista e catalogador en arquivos audiovisuais de RTVE-G, coordinador do libro Manoel de Oliveira para o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) e coautor do libro Cines de Pontevedra. Traballou en documentación en arquivos públicos, foi investigador para o Consello da Cultura Galega e para a USC e profesor no Máster de Conservación do Patrimonio (USC). Traballou para o Instituto Cesing e foi creador de contidos da Axencia Audiovisual Galega (AAG), coordinador das plataformas na rede de Teutubo de Flocos.tv e de Novocinemagalego.info, e asesor técnico nas comisións á produción audiovisual da Xunta de Galicia (2007-2010). Traballou para a AGADIC (Axencia Galega de Industrias Culturais) e foi comisionado do ICAA (2010-2011) e programador galego do Filminho: Festa do Audiovisual Galego e Português. É director de Proxecto Socheo e formou parte do colectivo Acto de Primavera. Como guionista e realizador é autor de Vikingland, a mellor película da historia do cinema galego segundo unha enquisa publicada en Luzes. Na actualidade reside nas ilhas Canarias.