Andrade, Carla

 

Artista dedicada á fotografía e ao medio audiovisual, Carla Andrade (Vigo, 1983) é licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Salamanca en 2006 e obtivo unha mestría en “Artist’ s Film & Moving Image” na Universidade Goldsmiths de Londres en 2019, ademais de estudar Filosofía pola UNED. Esta intersección entre os medios de expresión visuais e un terreo máis próximo á reflexión e ao mundo das ideas é precisamente unha das facetas definitorias do seu traballo. A viaxe e a natureza son tamén características inherentes ao seu proceso de creación, polo que realizou residencias artísticas e proxectos en Islandia, Suecia, Bilbao, Nepal, Chile, París ou República Centro Africana, entre outros lugares. O seu traballo presentouse de forma individual e colectiva en numerosos centros de arte contemporánea dentro e fora de España; en festivais internacionais tanto de fotografía como de cinema como PhotoEspaña ou o IFFR e en países coma Estados Unidos, Brasil, Alemaña, Reino Unido, Taiwán e Corea do Sur. Recibiu recoñecementos e becas como o Premio Mujeres Foro Diálogo (Alliançe Française – Pilar Citoler, 2012), Premio Absolut (Collection Emerxentes Casa – Arte, 2013), Premio Franc Vila de adquisición (Galería Luis Adelantado, 2013), Premio Injuve (2013), 1er Premio Artes Plásticas da UCM (2014), Premio Fotografía Comunidad de Madrid SUMMA 2015 (accésit), etc. Foi bolseira por BilbaoArte, VEGAP, Agadic, Gas Natural Fenosa, Institut Français, Cité Internationale des Arts de París ou o Departamento de Arte de Goldsmiths University. Ademais, colaborou con Lois Patiño en Costa da morte (2013) e Montaña en sombra (2012).

Sinais. Carla Andrade: El vacío está lleno (Damián Bender, Cine Divergente, 2019)