Dos soños antes dos cinematógrafo (2014) Nove, a nova cociña galega (2013) Culler de pau (2012) Portamerica Año Cero (2010) La caja (2009)
(Vigo, 1978) Estudou cinema en Barcelona na AICB. Completou a súa formación con obradoiros e talleres audiovisuais. Encargado de comunicación e imaxe do Festival Sinsal. Iniciouse na realización cunha curtametraxe titulada La caja. Posteriormente pasouse á longametraxe co documental Contra a morte, sobre a vida do escritor Lois Pereiro. Tamén realizou a curtametraxe Culler de pau e as longametraxes documentais Portamerica Año Cero e Nove, a nova cociña galega. En post-produción ten o proxecto dunha longametraxe moi persoal titulada Dos soños antes dos cinematógrafo.