Tres videohistorietas (2016)
Ambos mundos [Visións] (2016)
O club dos sen teito (2008)
(Brasil, 1964) De nai e pai galegos, é licenciada en Dereito. Introdúcese no cinema da man do Cineclube Lumiére e da rodaxe de The last Patrol (Cora Peña, 2000). Como integrante do colectivo vigués “La Casa Mortimer” aprendeu os distintos oficios en rodaxes de ficción de corte fantástico. Entre 2001 e 2004 realiza dous documentais para a serie de TVE Sound Stones, Músicas del Mundo (gravados en Cabo Verde e Santo Tomé e Príncipe). Dende entón aborda proxectos de maior implicación persoal como o documental O club dos sin teito (2008), gravado durante unha longa estadía en Brasil. As imaxes rexistradas nese país lévana a desenvolver un proxecto de longametraxe experimental sobre as emocións, Animus Mutandi, que non chegou a rematar. No 2014 comezou a retomar o material gravado no ano 2006 na illa de Ons que deu orixe a Bata por fóra (muller por dentro). Este “vídeo de linguaxe arriscada” continúa a ter proxección tanto en festivais e foros documentais e educacionais coma en canais artísticos. A comezos de 2016 a cineasta dirixe “Ambos mundos” para o ciclo “Visións”, película colaborativa composta por dez curtametraxes realizadas por mulleres cineastas da provincia de Pontevedra.