Decembro 2005
Xaneiro 22, 2016
15-17 de decembro: Preséntase en Santiago de Compostela, no marco do III Foro Academia Aberta da Academia Galega do Audiovisual, as liñas básicas da futura política de produción da Consellería de Cultura e Deporte. Como innovacións máis importantes anúncianse as axudas a curtametraxes realizadas por persoas físicas (sen produtora), menores de 21 anos, memoria histórica e anuncio dos novos baremos para que unha produción galega teña dereito a subvención pública, documento que denota por primeira vez o compromiso da Administración co impulso ao talento no audiovisual galego.