Agosto 2008
Xaneiro 29, 2016
Publícase no DOG a Resolución das axudas á produción de curtametraxes do ano 2008, onde se subvencionan Contrafilmes (Susana Rey), Mulleres da raia (Diana Gonçalves), A viaxe (José González), Na distancia (Víctor Hugo Seoane), Contra a morte (Alexandre Cancelo e Iago Martínez), Dous fragmentos Eva (Ángel Santos), entre outras.
Publícase no DOG a Convocatoria de axudas para producións ou coproducións audiovisuais en lingua galega. Destina un total de 3.100.000 euros (800.000 euros menos que o ano anterior) e introduce novidades con respecto aos seus beneficiarios, que poden ser persoas físicas ou xurídicas situadas nun estado da Unión Europea. Créase a modalidade de ópera prima ou segunda longametraxe, e desaparecen os formatos innovadores e pilotos de televisión. Ademais, por primeira vez, a convocatoria axústase aos criterios establecidos pola Comisión Europea, que prima na súa valoración os aspectos culturais (ata 35 puntos dun total de 60) por riba dos puramente financeiros (un máximo de 7,5).