Andrade, Carla F.

 

(Vigo, 1983) Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidad de Salamanca e Licenciada en Filosofía pola UNED. Destaca a súa xa longa traxectoria como fotógrafa, coa que fixo moitas exposicións tanto individuais como colectivas. Mais pouco a pouco, nesta vertente expositiva, comezou a traballar coas imaxes en movemento. Hai que resaltar a súa colaboración con Lois Patiño na longametraxe Costa da morte (2013), mais tamén os seus vídeos Bocanoite e 2014.