Álvarez Ossorio, Carlos

 

(Sevilla, 1973) Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Facultad de Ciencias de la Información da Universidad de Sevilla, aínda que a súa actividade está centrada, sobre todo, no mundo das artes escénicas, como director, actor, dramaturgo, pedagogo, iluminador e xestor cultural. Ten estudado na Escuela de Dirección Escénica do Instituto Andaluz del Teatro, e ten formado parte do Centro de Investigación Teatral Territorio Nuevos Tiempos (TNT) de Sevilla, traballando con mestres do Odin Teatret, do Berliner Ensemble, da Escola Biomecánica Rusa, da London Academy of Performing Arts, e do Toneelgroep Amsterdam. Ten escrito artigos e impartido obradoiros, cursos e conferencias en torno á interpretación e ás artes escénicas, publicando o manual Ferramentas para o diálogo teatral. Ten dirixido numerosas montaxes teatrais con compañías como o Centro Andaluz de Teatro, a Convención Teatral Europea, a Red de Teatros Alternativos de España ou o Festival de Teatro Clásico de Mérida, ademais de coa súa propia compañía, Cámara Negra, obtendo con eles un Premio MAX, un premio da ADE, un Telón Chivas ou o Premio Jara ao Mellor Director, entre outros. As súas montaxes viaxaron por todo o Estado Español, por Francia, Cuba, Grecia, Alemaña, Malta… No terreo audiovisual, destacan a súa longametraxe Fragmentos de Brand, a súa mediametraxe La Metamorfosis e a curtametraxe Génesis, capítulo 22. No 2014, comeza a traballar na creación dunha serie de pezas breves de carácter poético e experimental, que xorden a raíz da participación nun obradoiro impartido por Abbas Kiarostami.

+info: www.camaranegra.org