Álamo, Pela del

 

(Madrid, 1979) Licenciado en Comunicación Audiovisual (2002) e Máster en Documental de Creación pola Universidade Pompeu-Fabra (2006). A súa carreira profesional comezou no ano 2001 e desde entón traballou en publicidade, televisión e ficción. No ano 2005 crea Diplodocus Producións, combinando esta actividade profesional con proxectos propios no eido do documental. A súa primeira experiencia como director foi coa mediametraxe documental para televisión A cuarta pista (2006), sobre o fenómeno do Novo Circo. No 2007 comezou un longo proceso de produción de N-VI (2012), unha longametraxe que retrata a vella estrada que une Galiza e Madrid, estreándose no 2012 e conseguindo varios recoñecementos en diversos festivais. No 2013 converteuse no director do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela – Curtocircuíto.